10/07/2023
- Tras a aprobación, o pasado 4 de xullo, da Orde SND/726/2023 pola
que se declara a finalización da situación de crisis sanitaria
ocasionada pola COVID-19, actualízanse os protocolos e circuítos
relacionados coa COVID-19:
-
A COVID-19 continúa sendo unha enfermidade de declaración
obrigatoria
(https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-15135
- Título V. Capítulo I. Artículo 208. Modificación del
Real Decreto 2210/1995, de 28 de diciembre, por el que se crea la red
nacional de vigilancia epidemiológica), polo que os hospitais e
laboratorios (públicos e privados) deben continuar declarando os
casos que diagnostiquen a través dos mecanismos establecidos
(https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-hospitais-privados
e
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Notificacion-casos-laboratorios-privados).
Para máis información sobre a declaración de casos confirmados da
COVID-19, pode remitir un correo electrónico a Covid-19@sergas.es
-
Os centros sanitarios xa NON precisan continuar declarando a
ocupación hospitalaria nin as necesidades de material relacionados
coa COVID-19 (COVIDMETRICAS e COVID19MATERIAL), posto que decaeu a
declaración ao "Sistema de Información de Capacidad
Asistencial Hospitalaria (SICAH)".
-
Os centros sociosanitarios e farmacias NON precisan continuar
declarando os casos COVID-19 diagnosticados nos mesmos. Non obstante,
os CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS teñen a OBRIGA DE DECLARAR
AS SOSPEITAS DE ABROCHOS DE INFECCIÓN RESPIRATORIA AGUDA
relacionados co seu centro. Dispón das medidas actuais en centros
sociosanitarios residencias no protocolo específico de Vixilancia,
prevención e control das infeccións respiratorias agudas en Galicia
- Centros sociosanitarios residenciais de persoas vulnerables, na
seguinte ligazón:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Centros-sociosanitarios-residenciais
-
Dispón das medidas preventivas actuais en centros sanitarios de
Galicia na seguinte ligazón:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Medidas-preventivas-centros-sanitarios
-
Dispón dos protocolos específicos de vixilancia, prevención e
control das infeccións respiratorias agudas (IRAs) en Galicia no
apartado específico:
https://www.sergas.gal/Saude-publica/Vixilancia-prevencion-control-IRAs